• LEOPOLDO NÓVOA |

    “Añoranza do absoluto” é a nova exposición do artista galego Leopoldo Nóvoa, sen dúbida un dos grandes referentes da arte abstracto español da segunda metade do século XX.
    A mostra reúne unha serie de pezas nas que Nóvoa — lonxe da monumentalidade da súa obra mural ou escultórica— revélanos un lado máis íntimo do artista, onde o humilde soporte de cartón ou papel, convértese nun vehículo esencial de reflexión e transcendencia.
    Estes soportes, aparentemente fráxiles, convértense en territorios de experimentación formal onde o xesto e a materia dialogan cunha contida expresividade. Cada obra é un fragmento suspendido entre o visible e o ausente, entre a presenza de formas e a evocación do baleiro.
    Con esta exposición, Moret Art ofrece unha oportunidade única para aproximarse a unha faceta menos coñecida dun dos grandes nomees da arte galego contemporáneo.

    do ao

Moret Art Consultores
Tasadores de arte e antigüidades

Primeira consultora especializada en arte con sede en Galicia. O noso proxecto empresarial nace en 2007 capitalizando o coñecemento de tres xeracións no mundo do coleccionismo cun único obxectivo: Poñer a disposición de coleccionistas e institucións públicas ou privadas un modelo de xestión profesionalizado baseado en tres alicerces fundamentais:

Análise de parámetros críticos (vertente artística, aspectos conservativos, valoración económica, análise de riscos e cuestións xurídicas). Para iso, a nosa metodoloxía baséase no seguimento dos principais procedementos desenvolvidos a nivel internacional para o mercado da arte en termos de xestión, e en concreto para as valoracións económicas dos Uniform standars for art appriasing desenvolvidos pola Appraisers Association of America.

Tecnoloxía. Deseño e implementación de ferramentas que permiten unha xestión profesionalizada, rápida e sinxela de toda a información relevante. Os nosos desenvolvementos adáptanse á casuística específica de cada colección.

Profundo coñecemento do mercado, a nivel nacional, cun foco específico no mercado galego.