CONSULTORA
ESPECIALIZADA
EN ARTE
E ANTIGÜIDADES

Cada colección posúe unha serie de características, á marxe das puramente formais ou obxectivas, que a dotan dunha idiosincrasia particular. Desde Moret Art damos unha especial importancia a descubrilas conxuntamente cos nosos clientes. Isto permítenos xerar as ferramentas que necesiten para xestionar as súas coleccións tendo en conta os factores críticos que poden influír tanto na súa evolución como na súa valoración.

Os parámetros, gustos, e recursos de cada cliente fan necesario o deseño e implantación de estratexias personalizadas en cada caso coa garantía de que un equipo de expertos prestaralle unha asistencia continua e sistematizada adecuada as súas necesidades.

O rigor metodolóxico, , unido a un profundo coñecemento do mercado nacional cun foco específico no mercado galego, son elementos de valor engadido e constitúen o noso aceno de identidade.

SERVIZOS

  • Valoración de obras de arte e antigüidades.
    pintura / escultura / debuxo / obra gráfica / fotografía / mobiliario / artes / decorativas
  • Catalogación e xestión de coleccións.
  • Auditoría de coleccións.
  • Asesoramento de compra venda obras de arte.
  • Peritación xudicial de obras de arte e antigüidades.
  • Informes para compañías aseguradoras de obras de arte e antigüidades.
  • Xestión para a autenticación de obras de arte.
  • Proxectos artísticos a medida.

PARA QUE ME PODE SERVIR SOLICITAR UNHA VALORACIÓN UNHA OBRA DE ARTE?

  • Para coñecer o seu valor de mercado nun momento determinado e en consecuencia poder tomar decisións obxectivas en canto á súa compra ou venda.
  • Para poder realizar unha análise de rendibilidade do meu investimento.
  • Para contratar unha póliza de seguro (de fogar, oficinas...) coa cobertura adecuada.
  • Para poder realizar unha reclamación á compañía aseguradora en caso dun sinistro (danos por auga, lume, roubo,...).
  • Para coñecer o valor de mercado da obra que vou ceder para unha exposición e así asegurarme de que a cobertura da póliza de seguro contratada é a adecuada.
  • Para poder facer unha repartición equitativo de bens no caso dunha sucesión, divorcio...
  • Para establecer o seu valor a efectos de realizar unha doazón.

O NOSO MODELO DE VALORACIÓN

  • Desenvolvido por un equipo multidisciplinar - integrado por especialistas en arte e antigüidades, valoracións, e estatística.
  • Integra a metodoloxía de taxación comparativa con índices correctores con técnicas de regresión múltiple para a determinación da variable estocástica.
  • A nivel operacional tomamos como base os protocolos USAP fixados pola Appraisers Association of America.
  • A nosa metodoloxía de investigación de mercado conxuga a técnicas investigación de campo directa co uso das ferramentas máis avanzadas.
Asociación Nacional de Tasadores, Peritos y Mediadores

Membro da Asociación Nacional
de Tasadores, Peritos y Mediadores